Riazor Blues carga contra a directiva e sinala a Carmelo del Pozo | OneFootball

Riazor Blues carga contra a directiva e sinala a Carmelo del Pozo | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: Riazor.org

Riazor.org

·2 de octubre de 2019

Riazor Blues carga contra a directiva e sinala a Carmelo del Pozo

Imagen del artículo:Riazor Blues carga contra a directiva e sinala a Carmelo del Pozo

Desde Riazor Blues publicaron un comunicado na véspera do partido contra o Girona. A agrupación sinala á directiva como culpable da actual situación, centrando as críticas en figuras como a de Tino Fernández ou Carmelo del Pozo. Apuntan, ademais, que non se trata dun simple comunicado e que están estudando outras medidas de cara ao futuro do club.

https://twitter.com/RB1987Oficial/status/1179489909020725250/photo/1

Na Coruña non se pediu nada que non fose defender o escudo e os seus intereses con nobreza e lealdade. Quedando nun segundo lugar o resultado no terreo de xogo sempre e cando xogadores e directiva defendesen o club, centenario e un dos nove campións de liga, deixando ata a súa última gota de suor. Todo comezou hai cinco anos coa elección de Constantino Fernández como presidente do noso Real Club Deportivo da Coruña. Nese momento comezou o secuestro do noso club. Vendeuse aos poderes de Madrid dando as costas aos seus e logo de bater todos os records negativos do club, sen esquecer que ostenta o dubidoso mérito de ter 10 adestradores diferentes en 6 temporadas e un descenso sendo o 13º límite salarial da liga, non tivo outra que abandonar a presidencia. Fracasos que por outra parte, nunca fixeron que esta afección dese as costas ao club dos seus amores, se non máis ben todo o contrario, mostrando unha vez máis que nas malas está a morte co equipo. A transparencia tampouco foi o seu forte e que tras vender a moto de “no económico ben”, a verdade é que nos atopamos unha realidade ben distinta, xa que o dito respecto ao financiamento do préstamo para pagar a débeda difire dos datos emitidos nun primeiro momento, sendo estes últimos máis desfavorables. Obrigado a deixar o club, decidiu quen ía ser o futuro presidente do deportivo, impedindo unhas eleccións democráticas e coloca a Paco Zas, perpetuando o futuro do club. Así é como Constantino se asegurou seguir vinculado ao Real Club Deportivo e é que ser presidente dun club ten moitas vantaxes economicas como por exemplo o ascenso do valor da súa empresa, Altia. Para falar do fracaso deportivo hai que nomear o terceiro integrante desta banda: Carmelo del Pozo. Chegado da man de Tino Fernández e tras o fracaso do ano pasado, onde co terceiro tope salarial do campionato foi incapaz de acadar o obxectivo do ascenso mais o seu labor foi ratificado por Paco Zas nada máis ser elixido presidente. ( Decisión persoal ou tamén o deixou atado Tino?) As formas deste señor co deportivismo distan moito dos valores que debería ter o noso club, botando pola porta de atrás e sen opción a nada a xogadores que sentiron as nosas cores. A súa arrogancia é tal que mesmo invadiu parcelas coma a do adestrador e a dos servizos médicos, despedindo a persoal que non estaba ao seu cargo. Desde aquí pedimos loita, entrega e deportivismo no campo. Que a xunta actual, ante a incompentencia máis que demostrada, deixen paso a nova xente que aporte ilusión, dignidade transparencia, respecto a o noso clube. Queremos un Deportivo libre, democrático e sen marionetas manexadas por caciques desde as sombras. Os de sempre, os que loitarán sempre polo orgullo, a identidade e a historia do Real Club Deportivo. Esta denuncia non quedará simplemente nun comunicado, en breve informaremos das medidas a tomar polo grupo de cara ao futuro do club.

Ver detalles de la publicación