Gael García: "A conta de Twitter do Celta en galego foi un erro maiúsculo" | OneFootball

Gael García: "A conta de Twitter do Celta en galego foi un erro maiúsculo" | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·27 April 2025

Gael García: "A conta de Twitter do Celta en galego foi un erro maiúsculo"

Gambar artikel:Gael García: "A conta de Twitter do Celta en galego foi un erro maiúsculo"

Gael García, director de márketing do Celta, recoñeceu que foi un "erro maiúsculo" a conta en galegocreada polo club en 2022. Nunha charla sobre cultura, admitiu que foi unha decisión errónea, que afortunadamente foi corrixida polo club:

"A conta en galego era como a mesa dos cativos nunha xuntanza familiar. Íamos sentar os cativos nunha mesa, que tomasen as pizzas, que non molestasen e os maiores falabamos castelán. Foi un erro maiúsculo. É unha das primeiras decisións que puidemos tomar", explica nun vídeo subido polo xornalista de La Voz de Galicia, Pablo Carballo.


Video OneFootball


Gael García incorporouse ao Celta en 2017 como xefe de márketing, impulsou a nova web do club e coordinou o Centenario. En 2023 foi nomeado responsable de contidos, e no verán de 2024 pasou a exercer como máximo responsable da área de Márketing, Comunicación e Estratexia Dixital, substituíndo a Maruxa Magdalena.

Con esta declaración recoñece un erro que era manifesto dende o principio, e que o club soubo corrixir máis de un ano e medio despois reconducindo a conta en galego, que deixou de existir como tal, facendo que o galego tivese unha maior presenza na conta principal do club.

Lihat jejak penerbit