moiceleste.com
·28 août 2025
In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·28 août 2025
Foto: José Manuel Álvarez Rey / Getty Images
O Celta firmou onte pola noite un empate fronte ao Betis, nun encontro no que Hugo Álvarez foi protagonista. O canteirán celeste debutou este curso coa primeira aparición oficial e asinou o gol que puxo o 1-1 ao inicio da segunda metade.
“Moi contento por seguir aportando a este equipo. Tiña moitas gañas de disputar minutos esta tempada. Contento por seguir sumando e porque o equipo siga esta forma ascendente. Un punto importante, sempre é bo seguir sumando. Sabíamos que era un partido bastante compricado”, asegurou o atacante tralo choque.
O futbolista destacou que o equipo celeste vai a máis: “Seguimos nesta liña ascendente e seguir sumando que é importante. Sí, xa pensando no Vilarreal, en seguir sumando. Sabemos que vai ser compricado tamén pero temos moitas gañas e con esta afección todo é posible”, apuntou.
Non quixo esquecer tampouco o apoio da bancada, que unha vez máis estivo co equipo en Balaídos: “Estamos moi agradecidos a eles, que son moi importantes para nós e que os notamos moito nestes partidos na casa”, concluíu Hugo Álvarez.