Sergio Carreira: "Estamos nunha boa dinámica, pero non debemos relaxarnos" | OneFootball

Sergio Carreira: "Estamos nunha boa dinámica, pero non debemos relaxarnos" | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·2 de marzo de 2025

Sergio Carreira: "Estamos nunha boa dinámica, pero non debemos relaxarnos"

Imagen del artículo:Sergio Carreira: "Estamos nunha boa dinámica, pero non debemos relaxarnos"
Imagen del artículo:Sergio Carreira: "Estamos nunha boa dinámica, pero non debemos relaxarnos"

Foto: Álex Caparrós / Getty Images

O carrileiro do Celta, Sergio Carreira, valorou o empate acadado ante o Girona en Montilivi (2-2), un resultado que lle deixa unha sensación agridoce tras o bo nivel mostrado polo equipo durante boa parte do encontro.


OneFootball Videos


"Pois penso que sabe un tanto agridoce, doce porque fixemos un gran partido e un primeiro tercio da segunda moi bo, pero agrio porque acaban empatándonos ao final e non soubemos aguantar o resultado", explicou o futbolista galego, lamentando a falta de contundencia para conservar a vantaxe no marcador.

Carreira, que foi protagonista na primeira metade ao asistir a Iker Losada no primeiro gol do Celta, destacou a sintonía que ten co seu compañeiro: "Eu coñezo moito a Losada e él a min, esa conexión que temos, e moi contento de axudar a seguir sumando".

O lateral quixo agradecer, ademais, o apoio incondicional da afección celeste, que acompaña ao equipo incluso nos desprazamentos lonxe de Balaídos. "Coma sempre digo, están en todas partes, son un máis de nós, e todo o equipo estamos moi agradecidos", asegurou Carreira.

De cara ao futuro, o defensa celeste aposta pola continuidade no bo traballo, pero sen caer na autocompracencia: "Penso que estamos nunha boa dinámica, pero tamén penso que non debemos relaxarnos, isto ten que seguir para adiante, canto máis mellor. O partido do Leganés afrontámolo pensando só na vitoria".

Ver detalles de la publicación