moiceleste.com
·6 de agosto de 2025
O espírito de Balaídos revive en Vilalonga

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·6 de agosto de 2025
O Campo de Fútbol Novo San Pedro de Vilalonga estrea imaxe nas súas bancadas, grazas á instalación de novas butacas que lle achegan un toque especial e cheo de simbolismo. De cor azul celeste, como a camiseta do equipo local, estes asentos non son uns calquera: teñen unha historia que vén dende o corazón do fútbol galego.
As cadeiras foron doadas polo Real Club Celta de Vigo e proceden da recentemente derrubada bancada de Gol do Estadio Municipal de Balaídos. Levan impreso, aínda visible, o escudo do club vigués, coma un recordo vivo dunha etapa que agora se transforma.
Desde o Villalonga CF recibiron o agasallo con entusiasmo e gratitude: "Estas butacas terán unha segunda vida no noso campo, e levan con elas parte da historia do noso fútbol", sinalaron dende o club. A entidade tamén quixo agradecer publicamente ao Celta este xesto de xenerosidade a través das redes sociais: "Moitas grazas por contar connosco, sempre agradecidos".
En vivo