moiceleste.com
·16 de febrero de 2025
Iker Losada: "Temos que seguir nesta dinámica"

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·16 de febrero de 2025
Foto: Florencia Tan Jun / Getty Images
O Celta acadou un empate no Metropolitano ante o Atlético de Madrid nun partido marcado pola superioridade numérica do conxunto celeste durante case todo o encontro. A pesar de xogar con un home máis durante 85 minutos, o equipo dirixido por Claudio Giráldez non puido levar os tres puntos.
Iker Losada, un dos xogadores da canteira celeste, valorou o resultado con sentimentos encontrados, pero cunha visión optimista de cara ao futuro. "Tomamos o resultado de maneira positiva. Ao final temos ese malestar de ir gañando e que nos empaten, pero creo que é algo positivo, e ten que servirnos de confianza para o partido do venres", declarou o xogador, facendo referencia ao próximo encontro ante Osasuna.
O futbolista galego quixo destacar o apoio da afección celeste presente no estadio Metropolitano. "Estábamos quentando Borja máis eu, e foi impresionante escoitalos, que nos animen. É un orgullo, sobre todo para nós, que levamos tanto tempo na canteira. Fainos ser moi felices", expresou con gratitude.
Ademais, Losada fixo fincapé na boa liña do equipo nos últimos partidos, nos que o Celta logrou sumar puntos ante dous rivais de competición europea, o Betis e o Atlético de Madrid. "Temos que seguir nesta dinámica. Ó final levamos dous partidos contra equipos europeos sacando moitos puntos. Ogalá puidéramos sacar os seis, pero temos que seguir con esta dinámica, e a tope para o venres", concluíu o atacante.
En vivo