Fernando Vázquez explica a labor individual do adestrador: “Dígollo aos xogadores. Cando vos deixe, cada un de vós vai ser mellor” | OneFootball

Fernando Vázquez explica a labor individual do adestrador: “Dígollo aos xogadores. Cando vos deixe, cada un de vós vai ser mellor” | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: Riazor.org

Riazor.org

·16 de abril de 2020

Fernando Vázquez explica a labor individual do adestrador: “Dígollo aos xogadores. Cando vos deixe, cada un de vós vai ser mellor”

Imagen del artículo:Fernando Vázquez explica a labor individual do adestrador: “Dígollo aos xogadores. Cando vos deixe, cada un de vós vai ser mellor”

Fernando Vázquez foi o protagonista con Moncho Fernández dunha charla organizada por un dos principais patrocinadores do club. O adestrador do Deportivo reflexionou sobre o papel das categorías inferiores no conxunto branquiazul, ademais destaca que o seu obxectivo é facer mellores os xogadores.

“Hai que diferenciar un pouco. Eu diferencio a labor do adestrador, que é facer un gran equipo, pero ten unha labor individual que é facer mellor a cada xogador. Eu dígollo aos xogadores, cando eu vos deixe, cada un de vós vai ser mellor. Ese é un traballo que o técnico ten que asumir. Despois tamén hai outra cousa. Chegas a un club e tes dous niveles: o profesional, se estás satisfeito co equipo e estás contento, non tes outro tipo de inquietudes, traballas co que tes. Pero eu sempre tiven a inquietude de mirar para abaixo. Un adestrador completa todo o conxunto que é un equipo de fútbol. As categorías inferiores non terían sentido se o primeiro adestrador non lle da sentido. Desaparecerían as canteiras se os adestradores non puxeran canteiráns”.


OneFootball Videos


Tamén destacou que se fala “máis da canteira do Celta que do Deportivo, como se a do Dépor estivera desaparecida. No Celta hai xogadores que soben e no Dépor soben poucos. Esa é a labor dun primeiro adestrador e fágoo con total normalidade e tranquilidade. O que fai falta é que os xogadores teñan talento. Despois eu escollo aos que teñen talento. A partir de aí, doulles confianza, comunicación, amizade. Hai que saber cando os tes que poñer… eso son un pouco as claves. E, ao final, que o xogador demostre que é mellor có que tes, ca un profesional. Súboo a adestrar un tempo antes e os propios profesionais xa che din “que bo é o rapaz!”. Aí xa tes o visto bo do equipo, xa saben que o adestrador non fai unha parvada porque o rapaz xa o demostrou”, finalizou.

Ver detalles de la publicación