moiceleste.com
·25 de enero de 2025
In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·25 de enero de 2025
Foto: Marta G. Brea / Faro de Vigo
O dianteiro santiagués Borja Iglesias, que esta temporada xoga no Celta de Vigo cedido polo Betis, mostrou nunha entrevista concedida á TVG a súa satisfacción polo seu regreso a Balaídos e non pechou a porta a unha posible continuidade no club celeste máis alá do 30 de xuño, cando remata a súa cesión.
"A verdade é que estou moi feliz. É algo no que intento non centrarme moito", declarou o atacante, en referencia á súa situación contractual. Porén, deixóu entrever o seu desexo de continuar en Vigo: "Intento gozar do momento e seguir achegando. Imaxínome aquí, oxalá".
No aspecto deportivo, Borja Iglesias analizou a situación do Celta, que ocupa actualmente a decimoterceira posición na clasificación da Liga, con cinco puntos de vantaxe sobre a zona de descenso. O atacante lamentou non ter sacado máis rendemento na primeira metade da temporada: "Mellorar a primeira volta. A sensación é que escapou a posibilidade de meterse arriba".
A pesar diso, Borja Iglesias mostrouse optimista sobre as posibilidades de mellora do equipo dirixido por Claudio Giráldez : "Hai que ser moi constante co resultado. Temos capacidade de medrar".
O interese do Celta en retelo está sobre a mesa, pero a decisión final dependerá de varias circunstancias, incluídas as negociacións co Betis e as perspectivas de futuro do futbolista. Polo de agora, Borja Iglesias segue centrado en axudar ao equipo a afastarse definitivamente da zona perigosa e aspirar a cotas máis altas nesta segunda metade da tempada.