A análise de Yago Iglesias: Badajoz | OneFootball

A análise de Yago Iglesias: Badajoz | OneFootball

Icon: Riazor.org

Riazor.org

·16 de septiembre de 2021

A análise de Yago Iglesias: Badajoz

Imagen del artículo:A análise de Yago Iglesias: Badajoz

Cada semana contamos coa firma de Yago Iglesias na previa dos partidos. O extécnico da SD Compostela é o encargado de analizar ao rivais do Deportivo para riazor.org. Nesta cuarta entrega é o turno do Badajoz. O Deportivo recibe ao equipo estremeño este sábado (19h).

Contextualización

Despois de dúas xornadas xogando fóra, o Deportivo volta a Riazor nunha dinámica incrible, co mellor inicio que se podía esperar: 9 de 9. E chega neste momento da competición, nesta xornada 4, un presumible rival directo. Se miramos o que aconteceu a temporada pasada, a que nivel estiveron os equipos, todo o mundo dá ao Badajoz como un dos claros aspirantes a volver pelexar polo ascenso. Polo tanto, imos ver un choque de trens entre dous equipos chamados a estar no máis alto da clasificación. De gañar o Deportivo, deixaría a varios puntos nesta cuarta xornada a un rival directo. Como chega o Badajoz? Despois de 2 vitorias e 1 empate: 2 vitorias na casa e 1 empate fóra contra o Celta B.


OneFootball Videos


Idea de xogo colectiva

O Badajoz é un equipo predominantemente ofensivo, cun estilo de xogo moi marcado, combinativo 100%. Nese xogo combinativo predomina o ataque posicional, ese ataque que tanto e tan ben defende o seu adestrador, Óscar Cano, un autentico referente nos bancos nesta proposta de xogo. Veremos cal é o seu plan de partido inicial. Por que digo isto? Porque estamos vendo nestas xornadas un Badajoz, sobre todo na fase defensiva, que se diferencia de xogar na casa a xogar fóra.

Na casa é un equipo propositivo, que morde arriba, que fai un posicionamento avanzado, que vai buscar ao rival no inicio de xogo para recuperar o máis arriba posible, poder contrarrestar e acabar esas xogadas de gol rapidamente. Porén, fóra da casa, o outro día contra o Celta B, vimos a un Badajoz máis á expectativa; en posicionamento pregado, deixando que o Celta B iniciara nesa primeira fase de xogo, para ser agresivo cando entraba o balón no seu campo, roubar e contraatacar.

A dubida é se o plantexamento tiña algo que ver con Barreiro, coas dimensións do campo, que é un pouquiño más pequeno. E se por ser Riazor, un gran estadio e un campo en perfectas condicións, igual que o Nuevo Vivero, farán un plantexamento máis parecido aos que realizan como locais.

Imagen del artículo:A análise de Yago Iglesias: Badajoz

Foto: CD Badajoz

Fase defensiva

Se fan un posicionamento máis avanzado, usan unha estrutura en 1-4-4-2, pero cunha pequena peculiaridade. Eses dous dianteiros non son un dianteiro e un mediapunta, non salta un xogador de mediocampo adiantándose para facer ese traballo. Senón que é Clemente, o extremo dereito, o que dá un paso adiante xerando unha clara vantaxe para o lateral esquerdo do equipo rival, sempre e cando sexan quen de chegar coa pelota aí.

Se fan un posicionamento en pregado, a estrutura é 1-4-4-2 saltando un mediocentro. Entón, as 2 posibilidades que se vai atopar o Deportivo cando esté en zona de iniciación son esas dúas. Sexa cal sexa, as solucións van estar en distintos espazos. Se salta un mediocentro ou un mediapunta para facer de dobre dianteiro, a superioridade vai estar por dentro. Se salta o extremo dereito, a superioridade vai estar por fóra co lateral esquerdo.

Fase ofensiva

En canto á fase ofensiva, o Badajoz é un equipo que basa todo o seu xogo no ataque posicional, combinativo, en ter longas posesións de balón. E sobre todo caracterízase porque ten moita mobilidade en todas as liñas. Tende a iniciar todo o xogo con dous centrais e un mediocentro. E conta con distintas variantes: ou incrusta a Barri entre centrais, sendo sempre os 2 laterais os que dan amplitude e profundidade, e os 2 extremos -tanto Clemente como David Concha- os que se meten por dentro para buscar os espazos ás espaldas dos mediocentros rivais. Ou ben busca mobilidades de Isi Gómez e Otegui caendo a perfís laterais entre central-lateral e buscando esa superioridade en zonas máis lateralizadas. O seu sistema base un 1-4-3-3 ou un 1-4-1-4-1.

Xogadores destacados

En todas as liñas ten calidade, pero sobre todo imos destacar o medio campo e a fronte do ataque.

Aí sobresaen ese trivote inamovible ata a data que son Barri, Isi Gómez e Otegi. E os 2 extremos, Clemente e David Concha, que son moi verticais e, ao mesmo tempo, cando veñen a dentro recibir nesa saída de 3, teñen a calidade suficiente para xirarse e asociarse. Por último, os 3 xogadores de arriba, 3 xogadores de altísimo nivel para a categoría como son Gorka Santamaría, Sergio Benito e Dani Aquino, que está chamado a marcar as diferenzas.

Conclusión

Polo tanto, creo que esta fin de semana se vai ver un partido de altísimo nivel en Riazor. Creo que o fútbol de bo pé e de bo toque está asegurado. E non podemos olvidar que se agarda unha entrada de 20.000 seareiros en Riazor que seguro que lles vai dar un impulso para conseguir o resultado positivo.

Ver detalles de la publicación